3 Outubro, 2016

Vilma

Un caderno no camiño

Na nosa andaina polas rutas xacobeas visitamos colexios. Nenas, nenos, mestras e mestres deixaron a súa testemuña en forma de sinatura que fomos recollendo nun caderno… enooorme!

Aquí tedes o resultado deses encontros.

Na súa chegada ao Cebreiro Sophie coñece a Vilma, unha singular bibliotecaria dona dunha palloza.

Fanse amigas e Vilma regálalle o conto “ A princesa do Caurel”.

Sophie quere repetir a experiencia do Camiño pero desta vez pídelle consello a Vilma sobre que outra ruta facer. Ela porase en contacto cos centros situados nos concellos polos que pasan os distintos camiños de Santiago para que, contando coa colaboración dos alumnos, elaboren un traballo no que dean a coñecer a súa comarca coa intención de convencer a Sophie de que faga a ruta que pasa pola súa contorna.

Posteriormente Vilma achegarase ao centro para recoller o traballo, amosar o caderno de Sophie e compartir coas cativas e cativos algúns dos contos da súa biblioteca.

Centros escolares que participaron na campaña

C.E.I.P. San Cosme - Barreiros
C.E.I.P. Aquilino Iglesias Alvariño - Abadín
C.P. I. Armando Cotarelo Valledor - Boimorto
C.E.I.P. Plurilingüe Lagostelle - Guitiriz
C.E.I.P. Virxe do Corpiño - Begonte
C.E.I.P. Álvaro Cunqueiro Mora - Mondoñedo
C.E.I.P. Celso Currás - Trabada
C.E.I.P. Juan Rey - Lourenzá
C.E.I.P. Lousada - Guntín
C.E.I.P. Concepción López Rey - O Cádabo
C.E.I.P. Toques - Toques
C.P.I. Castroverde - Castroverde
C.E.I.P. Doutor López Suárez - Friol
C.E.I.P. Santa María - A Fonsagrada
E.E.I. Visantoña - Mesía
C.P.I. Campomaior - Ordes
C.E.I.P. Mesón do Vento - Ordes
C.P.I. Domingo Fontán - Portas
C.E.I.P. O Castiñeiro - Laza
C.E.I.P. O Coto - Negreira
C.E.I.P. Arzúa - Arzúa